Educando natural_mente!!!
O alumnado de 5 anos, xunto con 1º e 2º de primaria comenzamos a xornada do martes 23 de outubro entre pás, angazos e moita ilusión, púxose en marcha a horta escolar eco-ecolóxica, coa axuda de Flor Medina, unha excelente monitora da asociación ecolóxica Amigos da Terra, que nos axudará a ter una actitude de defensa do medio ambiente, a valorar una alimentación natural e saudable.
Convertémonos nuns agricultores por un día coñecemos, por exemplo, a importancia da lúa nos cultivos (cando a lúa é crecente debemos sementar as plantas que medran cara arriba, cando está minguando as plantas que teñen o froito baixo terra). Seguindo esta premisa, hoxe tocou sementar chícharos e canónigos.
Desexamos poder convidarvos axiña cunha delicatesen da nosa horta!
Comments