

"Se queres que os adultos reciclen, simplemente fálalles aos nenos da importancia de reciclar e o farán".

"Debemos facer que a reciclaxe se convirta nunha forma de vivir".



Artigos
Relacionados

Fomentando a reciclaxe dende os nosos proxectos!!!

18/04/2018
MANUEL REY
El gobierno avaló al eucalipto con el informe de un catedrático que fu patrocinado por ENCE


"Recíclate con Sogama" é un programa integrado no Plan Proxecta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Este é un programa de educación ambiental a través do cal se pretende promover a participación e implicación da comunidade educativa na correcta separación dos residuos xerados nos centros escolares. Para facilitar a tarefa, os centros dispoñen das "illas de reciclaxe", conformadas por tres contedores de 120 litros de capa-cidade cada un (amarelo, para as latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable).

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado.

A Rede de Eco Hortas é unha comunidade de coordinación intercentros que posibilita o traballo conxunto e o intercambio de experiencias utilizando a horta como contexto de aprendizaxe para traballar diferentes áreas do coñecemento:
-
A agricultura ecolóxica, local e de tempada, e o coñecemento do medio natural
-
A sostibilidade global
-
A nutrición e a saúde
-
As habilidades persoais e interpersoais
O proxecto conta cun espacio web de intercambio de experiencias, apoio técnico e formación sobre cultivo ecolóxico e educación para o desenvolvemento.

A protección da saúde e o fomento do deporte son fins que tamén forman parte da formación que os escolares reciben nos Centros Educativos.
O sistema educativo contempla, ademais o desenvolvemento de hábitos saudables, exercicio físico e deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social do alumnado. De aí a importancia de que contribuír é fomentar o coidado da saúde.
Neste Proxecto, abordaremos a saúde dende puntos de vista moi diferentes, diferenciando entre saúde e enfermidade e promovendo aqueles hábitos que favorecen a saúde, incluíndo a saúde do noso planeta!

A través de diversas unidades didácticas, talleres e libros divulgativos, o proxecto achega a escolares de Primaria, Secundaria e ámbito universitario os valores e principios que inspiran a candidatura do Concello.
O proxecto comezou xa cunha serie de obradoiros dirixidos a 5º e 6º de Educación Primaria para fomentar o coidado das Illas Cíes, así como para comprender a importancia das poboacións de gaivotas que alí viven, que son determinantes para o crecemento de algunhas especies vexetais. Tamén falaron da sostibilidade e da importancia do control do turismo para evitar o sobreturismo e a sobreexplotación dos recursos naturais e así preservar as especies que dependen deles.

Diverciencias nace co afán de promover e acheachegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos vivirán seis semanas cargadas de actividades emocionantes.
Esta experiencia ademais de divertida combina a aprendizaxe co xogo e ao mesmo tempo é moi enriquecedora para alumnos e para a comu-nidade escolar.
Neste programa se traballa con material de refugallo creando actividades novedosas e motivadoras para o alumnado.
Nas Ciencias tamén se pode Reciclar, Reutilizar e Reducir!!! Vémonos en Xaneiro!!!



Email:
Teléfono:
986 37 13 30
Purificación Saavedra, 62 Vigo 36207



