Aprendemos con detalle como é o proceso de fabricación de papel reciclado a partir de follas vellas de libretas.
Pero, que é a reciclaxe de papel? A reciclaxe de papel é unha das formas de reciclar máis beneficiosas para o medio ambiente, en gran parte debido ao coste medioambiental que supón obtelo a partir da natureza (un 90% da pasta de papel procede das árbores). O reciclado de papel, ten por norma xeral producir novamente papel, chamado papel reciclado. Para obtelo, moése papel que se obtén de trozos e recortes de papel principalmente de revistas, xornais e todo tipo de documentos que acostumamos a tirar.
Por cada tonelada de papel reciclado aforramos ao medio ambiente:
17 árbores adultas.
2,5 metros cúbicos de refugallos.
27.000 litros de auga.
1.440 litros de aceite.
4.100 kilovatios-hora de enerxía.
27 kilogramos de contaminantes.
Comments