O 23 de novembro, cinco representantes do Colexio Possumus, realizaron a súa ponencia sobre a "Influencia de la vegetación en el pH y humedad del suelo". Foi toda unha demostración de traballo en equipo e saber facer. Unha posta en escena impecable e un traballo de investigación ben explicado. Parabéns aos participantes!
O Foro foi clausurado por: Teresa Balado, consultora cooperativa en Espazocoop, José Luis Vázquez, Presidente del ICCT (Instituto de Cultura, Ciencia y Tecnología) e Jesús Souza, Director da Estación de Ciencias Marinas de Toralla e Catedrático da Universidad de Vigo ademais de profesor/investigador na Facultade de Ciencias do Mar da UVIGO.
Con esta investigación, do campo da Ecoloxía, queda ben patente que o ser humano pode influir nas propiedades do solo facendo cambios sobre a vexetación que se atopa nel. De feito, a plantación de pinos acidifica o solo de xeito que pode volverse inadecuado para outro tipo de plantacións.
Moitas grazas ao Colexio Alborada e ao Institut El Cairat (Esparreguera) pola organización do evento, a Espazocoop e ao ICCT pola Dirección Técnica e aos patrocinadores: Escola de Enxeñería Industrial da UVIGO, a Deputación de Pontevedra e ABANCA.
"A investigación científica transforma a Sociedade" Enrique Agüera Ibáñez.

Comentários