top of page

A PATRULLA RECICLAXE DE NOVO NAS AULAS

Unha selección de alumnos de toda primaria recibiron unha clase maxistral sobre "Separación de Residuos" de mans de Mayra Moure, unha técnico enviada dende o Plan Proxecta da Xunta "Recíclate con Sogama" para concienciar e ensinar ao alumnado a separar para logo reciclar.

O alumnado estivo moi atento e collendo anotacións para poder transmitir o aprendido ao resto dos compañeiros de aula. 


Posteriormente, transmitiron o aprendido aos compañeiros/as de aula. Que lixo vai en cada contedor e tamén a existencia dos puntos limpos ou aqueles materiais que poden suscitar dúbidas...

Bo traballo, Patrulla Reciclaxe!!!



Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page