top of page

DECÁLOGO DE BOAS PRÁCTICAS

Para empezar, realizamos un decálogo das boas prácticas a fin de poder traballar no proxecto ao longo do curso, o decálogo é o seguinte:

1. Merca unicamente aquelo que sexa necesario. Non sucumbas á presentación das cousas que están á venta.

2. Trata de consumir produtos locais e de temporada (a poder ser ecolóxicos) e de comercio xusto.

3. Intentemos evitar o uso de produtos de "usar e tirar". Emprega para as túas merendas fiambreiras reutilizables (prescinde do papel de aluminio ou o "film" transparente.

4. Merca produtos a granel e trata de non consumir produtos con envoltorios innecesarios.

5. Trata de reducir ao máximo o consumo de envases non reutilizables. Sempre que se poida, compra bebidas en envases de vidrio retornable.

6. Emprega bolsas de rafia ou outro material reutilizable e prescinde do uso de bolsas de plástico.

7. A ser posible, emprega pilas recargables. De empregar das outras, unha vez esgotadas deposítaas nos contedores adecuados.

8. Consume, sempre que poidas, aqueles produtos que sexan menos dañinos co medio ambiente.

9. Separa para reciclar, empregando os contedores adecuados e separa a basura orgánica para o compostador.

10. Emprega papel reciclado sempre que sexa posible. Ademais, emprega para o estudo ou en sucio papeis que xa están usados por unha das caras (usao polas dúas caras). Logo deposita o papel e o cartón no contedor correspondente.




Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page