top of page

DO GUERNICA DE PICASSO AO MARNICA DO POSSUMUS

Actualizado: 26 jun 2019

Segundo Premio do Proxecto “Recíclate con Sogama” (incluído dentro do Plan Proxecta da Xunta) para a obra de arte-lixo realizada polo alumnado de primaria do Colexio Possumus.


O “Marnica” está realizado integramente con materiais de refugallo que podemos atopar nas nosas casas: pilas, cartóns, CD’s, porexpan, plásticos varios, cortizos, etc…. Estes materiais dan vida a unha obra que é unha denuncia ao estado en que se atopan os mares como consecuencia de diferentes accións do ser humano. Pero o fundamental é que a través dela, o alumnado de toda primaria coñeceu o significado da obra orixinal de Picasso, recibindo unha explicación maxistral, con apoio visual, por parte dos seus compañeiros de 5º de primaria, e afondando no significado dos personaxes do Guernica e tamén das súas adaptacións no “Marnica”.


Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama, definiu a obra como “unha espectacular adaptación do Guernica de Picasso na que se pon de relevo, a modo de denuncia, a contaminación do mar e as súas nocivas consecuencias ambientais, económicas e sociais”


Nas nosas mans está cambiar o futuro do Planeta.





Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page