Xa que a climatoloxía non nos deixou visitar a horta, Flor, a nosa monitora da Horta Ecolóxia ensinounos a elaborar enraizante para mellorar a calidade das nosas plantas dunha maneira natural e sinxela. Debemos de deixar en auga as lentellas (unha medida de lentellas por 4 de auga), durante dous ou tres días hasta que xerminen as lentellas. Cunha batidora batemos a auga coas lentellas xerminadas, (a pasta resultante despois de colar a mistura, serve para facer unhas riquísimas hamburguesas vexetais) e o líquido que resulta debemos diluilo con auga, unha medida de enraizante e 10 de auga.
top of page
bottom of page
Comments