top of page

JORGE HERNÁNDEZ E A VIDA SECRETA DOS CEFALÓPODOS

O 2 de Abril o alumnado de 5º e 6º de primaria tiveron unha marabillosa charla explicativa de mans do investigador do CSIC, Jorge Hernández. Grazas a iniciativa do Faro da Escola do Faro de Vigo, achegouse a ciencia ao alumando, e a través de vídeos e imaxes coñeceron a fondo a vida dos cefalópodos e como éstes se distribúen nas Illas Cíes. 


Así mesmo, fixo fincapé na importancia de coidar o medio, posto que debido ao quecemento das augas polo cambio climático están a morrer algunhas especies mariñas como é o caso das algas que forman verdadeiros bosques submariños.



Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page