top of page

OS MICROPLÁSTICOS E O PLANCTON

O alumnado de 5º de Educación Primaria empregou o cómic "El gran viaje del Plancton" para estudar os fondos submariños das nosas rías, e así acompañando a un copépodo(animal de pequeno tamaño integrante do plancton mariño) e a unha cría de polbo e outra de rodaballo puideron observar o dano que fan os microplásticos no medio mariño. Este cómic serviu como punto de partida ao estudo do ciclo dos microplásticos dende a produción ata que son incorporados ao ser humano por consumir produtos mariños contaminados con eles.


Ademais de afondar nesta problemática ambiental, tamén buscaron solucións para reducir o máximo posible o uso dos plásticos na sociedade.


Con esta actividade, a Educación Primaria tamén colabora co Proxecto Planeta Cíes.


Os alumnos recibiron cadanseu exemplar, financiado polo Concello de Vigo e a "Fundación General CSIC en el marco de la I Convocatoria de ayudas Cuenta la Ciencia". O asesoramento técnico estivo da man do Grupo de Ecoloxía e Biodiversidade Mariña do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC).



Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page