O alumnado de 1º de Educación Primaria tivo o pasado 13 de febreiro unha charla sobre aves cun invitado/protagonista moi especial, o avó de Nico Muñoz, José A. Parada.
Como ampliación ao tema dos animais que estaban a levar na aula, José A. Parada, contoulles aos cativos/as unha serie de características das aves, ademais de como protexelas da contaminación. As aves son animais afectados polos verquidos de petróleo no mar, así como da cantidade de plásticos que acaban nos seus aparatos dixestivos!!! Concienciación e o que necesitamos para reducir o consumo de plásticos e tamén separar nos contedores adecuados!!!
Un charla chea de información interesantísima!
Comments