top of page

REUTILIZAMOS PARA APRENDER

O alumnado de 1º e 2º de primaria está a traballar nun proxecto novo, atar os zapatos. Algo que para nós parece tan simple, para os cativos/as destas idades é moi difícil.


Dun xeito práctico e sinxelo, a clase ten zapatillas recicladas (feitas con cartón de caixas de infusións) e cordóns de calzado vello cos que practicar todos os días ata coller o hábito.


Ian Fieggen sabe moito de atar os cordóns do calzado, tanto é así escribiu un libro chamado "Laces". Ian explica como os modelos de calzado actuais contribúen a que atar os cordóns deixe de ser unha habilidade, e por tanto, tamén dificulta a psicomotricidade fina e a realización de nós e/ou lazadas.


Bravo por esta iniciativa!!!!



Comments


© 2018 por COLEXIO POSSUMUS. Plan Proxecta. Recíclate con Sogama

bottom of page