Na horta, tamén nos ensinaron a facer semilleiros con papel de periódico e moito mimo. Foron un éxito, xa que aos poucos días de plantar as sementes, e regandoas pero sen pasarse empezaron a crecer as plántulas. Dos semilleiros foron á horta.
Tamén se fixo na aula de 1º de EP un estudo sobre as diferentes sementes que podemos atopar nas casas e nos froitos que se consumen normalmente. Comparando os tamaños e a súa apariencia. Un mundo de sementes!
Comentarios